Ma clase
Unha vez máis recordamos que as actividades que vou presentar están orientadas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria (2º ciclo) que teñen a materia de Coñecemento do medio físico, social e cultural en francés.
O obxectivo a acadar nestas actividades é:
-Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e coidado persoal que derivan do coñecemento do corpo humano amosando unha actitude de aceptación e de respecto polas direferenzas individuais (idade, sexo, etnia, características físicas, personalidade).
Deste obxectivo derivan dous contidos a traballar:
- Valoración dos hábitos de hixiene persoal, de descanso, de alimentación equilibrada e de exercicio físico adecuado para unha vida saudable. Actitude crítica ante prácticas e mensaxes que non favorecen o correcto desenvolvemento persoal.
Destes dous contidos centrareime máis concretamente no primero mencionado.
Production orale
Para esta actividade terán que realizar o xogo que todos coñecemos, as adiviñanzas.
Como xa na anterior actividade aprenderon as diferentes partes do corpo en francés e moitas das accións que se poden realizar con cada unha delas (tâche 3) agora deben ter a capacidade de expresalas en voz alta.
Para iso repartiremos uns debuxos con cada parte do corpo, así a cada alumno lle toca unha diferente.
Despois terán un tempo para pensar unhas frases que lles podan dar unhas pistas aos compañeiros sobre a parte do corpo da que se trata. Poderán utilizar diferentes accións que se realizan con esa parte do corpo e dar as pistas que se necesiten ata que algún dos compañeiros adiviñe de cal se trata. Todo isto debe ser en francés para ir practicando a expresión e a comprensión oral e traballar ao mesmo tempo as diferentes partes do corpo.
Aquí deixo un vídeo sobre a explicación que se daría en clase sobre a actividade que deben realizar:
L'explication de l'activité aux étudiants
L'explication de l'activité aux étudiants
Ademáis deixo un vídeo de como realizarían os alumnos a actividade:
La réalisation de l'activité
La réalisation de l'activité
Des temps de réalisation:
Para realizar esta actividade temos que ter en conta que son 22 alumnos e cada un deles terá que dar pistas sobre unha parte do corpo polo que estimo unha duración de 40 minutos por si algunha palabra se tarda en adiviñar.
Nos primeiros dez minutos da clase se explicará a actividade e se responderá a posibles dudas.
Des ressources nécessaires:
Para esta actividade só se necesitará de 22 cartolinas nas que se pegarán os diferentes debuxos das partes do corpo.
Des sources:
Os vídeos expostos son orixinais meus, feitos os dous co programa GoAnimate.
As imaxes que se ven neles as estraxen de Google. Aquí vos deixo os enlaces a cada unha delas.
Le corps humain
Jambe
Bras
Bouche
Oreille
A
A
Production écrite
Nesta parte o alumnado aplicará o aprendido sobre como se escribe as partes do corpo e as accións que se fan con cada unha delas. Xa as saben pronunciar e agora falta escribilas.
Para isto se lles dará un debuxo no que aparecen varias persoas realizando diferentes actividades. Algúns deles teñen nome. O alumnado terá que escribir en francés pequenas frases sobre o que están a facer esas persoas nomeadas. As frases deben contar cunha parte do corpo e a actividade que está a realizar.
O seguinte vídeo mostra a explicación que se lles podería aportar aos alumnos en clase. Con ela practicarían a comprensión escrita, pois todo está escrito en francés.

Esta é a imaxe que se utilizaría na realización da actividade (por si no vídeo non se visualiza ben).
![]() |
Des temps de réalisation:
Para esta actividade terán un tempo de 10 minutos para ver o vídeo de explicación as veces que necesiten e preguntar as dúbidas.
Despois poderán gastar o resto da clase na realización das frases nas que serán axudados se o necesitan.
Des ressources nécessaires:
Necesitarase dun proxector para expoñer a explicación escrita, de folios coa imaxe a describir, e por último folios e lápiz ou boli para escribir as frases.
Des sources:
O vídeo da explicación é orixinal, feito co programa PowToon e a imaxe é sacada de Google e os nomes os engadín co programa Photoscape.
Imaxen

Rubrique réflexion
a) Esta tarefa foi a que máis tempo me levou comparándoa coas anteriores.
Comecei por revisar o feito na anterior tarefa (tâche 3) e a partir de aí pensei nas actividades que se podían facer para a produción escrita e oral.
A continuación realicei os vídeos coas explicacións e xa por último redactei a explicación de toda a actividade.
Levoume aproximadamente unha semana rematala.
b) Resultoume difícil pensar as actividades adecuadas para o alumnado do curso elixido, pois as que pensaba parecíanme o moi difícil o moi fácil. O máis complicado, na miña opinión é o feito de ensinar aos alumnos a escribir tanto na propia lingua como nunha lingua estranxeira, neste caso o francés.
c) Esta actividade axudoume para aprender a deseñar e planificar procesos de ensinanza aprendizaxe así como o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita, en especial o francés como facilitar a práctica en comunicación oral con actividades comunicativas tamén nesa lingua.
d) Esta tarefa resultoume interesante polo feito de que complementa a anterior feita. Tanto esta como a tarefa 3 son as máis complicadas, pero son parte fundamental dunha unidade didáctica polo que é importante dominar o deseño e a planificación de actividades.
A

.jpg)

.jpg)