Libellés

samedi 11 janvier 2014

Réflexion: tâche 5

Esta tarefa consistía en buscar uns intrumentos de avaliación para as actividades elaboradas na tarefa 4.
Nun comezo, resultoume difícil atopar unha forma de avaliar as actividade que propuxen, pois tratábase dunhas moi sinxelas que o normal é avaliar por observación. Pero ocorreuseme facer unha avaliación parecida a que estamos levando a cabo nesta materia, na que participan tanto o alumnado como o profesor.
Pois esta forma de avaliar paréceme interesante e motivadora para o nenos e tamén penso que póñense no lugar de outros compañeiros á hora de ver que nota poñer.

Esta tarefa foi importante para a miña formación como docente pois aprendín a avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, comprender distintas formar de avaliación e como levalas a cabo en actividades de produción oral e escrita.

O fundamental é que sei como aplicar unha unidade didáctica grazas ao conxunto de tódalas tarefas realizas ao longo do curso.

vendredi 10 janvier 2014

Les devinettes

O xogo das adiviñanzas, como xa dixen, é unha actividade que me parece interesante traballar co alumnado de Educación Primaria. É un bo recurso que serve para cumprir moitos obxectivos que te propoñas, como por exemplo traballar a comprensión oral, a produción escrita, a busca de palabras.
Como este tema interesábame moito, fixen na materia "Didáctica da Lingua y da Literatura: español" un traballo sobre isto e tamén busquei algunhas adiviñanzas en francés que serían interesantes para traballar co alumnado.
Déixovos aquí algúns exemplos:

- Sous mon manteau jaune, parfois moucheté de noir, je suis blanche et quand on enlève mon manteau, parfois on ne peut plus le remettre. Qui suis je ?

Une banane.

- J'ai 4 pieds et une tête mais je ne marche ni ne parle. Qui suis-je ?

Un lit.

- Mon premier est un animal ,
mon deuxième sort de la bouche,
mon tout est un animal du désert? Lequel ?


Le chameau.

-Quand je suis couché, ils sont debout, quand je suis debout ils sont couchés. Qui sont ils ?

Mes pieds.

Réflexion: tâche 3 et tâche 4

Estas dúas tarefas son as que máis tempo me levaron facer, pero son as que vexo máis necesarias e as que máis me gustaron, polo feito de que te imaxinas aplicando esas actividades nun aula real.
Ao principio resultoume un pouco difícil pensar nunhas actividades que serviran para traballar a comprensión escrita e a oral. Pero cando xa se me ocorreron o demais foi máis fácil, porque como avaliar se comprenderon é máis sinxelo.
Realizando esta actividade vin que o nivel de lingua estranxeira que eu ia esixir segundo a tarefa 2 era demasiado (A2). Penso que para o curso elixido (3º) estaría mellor traballar o nivel A1, e as actividades que realicei están acordes a ese nivel.
Na tarefa 4 as actividades son de produción oral e escrita. Estás aínda me gustaron máis, pois tratei de buscar actividades que motivaran ao alumnado. Na de produción oral fixen unha especie de xogo parecido ás adiviñas, que penso que iso sempre gusta aos nenos e se consigue que falen na lingua que corresponde. E na de produción escrita tiñan que describir accións feitas por outros nenos.
Pensara facer, nun primeiro momento, unha actividade das adiviñas, de maneira que tiñan que adiviñar certas adiviñas e tamén elaborar os seus propios. Pero finalmente pareceume que sería complicado para o curso e o nivel de lingua francesa no que se atopan.

Como xa dixen foron as dúas tarefas que máis me gustaron realizar, e que espero ter a oportunidade de por en marcha algún día nun aula.

mardi 31 décembre 2013

Réflexion: Tâche 1 et tâche 2

A primeira tarefa que realizamos nesta materia consistía en definir unha clase imaxinaria e a partires duns criterios de avaliación facerlles unhas probas nas que puideramos comprobar os seus coñecementos previos nun tema.
Esta primeira tarefa foi a que menos me gustou ao comparalas coas demais pois estaba algo perdida no momento de facela e considero que foi a que peor fixen. Baséome no área de Coñecemento do Medio pero non concretei un tema polo que fixen unha pequena mestura de contidos.
Disto dinme conta ao realizar a segunda tarefa, na que tiñamos que elixir un único obxectivo e dous contidos a traballar coa clase que definíramos anteriormente.
Por outro lado tivemos que indicar o nivel de CECRL. Respecto a isto debo dicir que puxen o A2, pero tiña que haber posto o A1 pois nun primeiro momento pensei que sería moi sinxelo traballar o A1, pero unha vez que reflexionei nas actividades a realizar co segundo ciclo de Educación Primaria dinme de conta de que o nivel máis apropiado sería o A1.
Finalmente nesta tarefa definín as orientacións metodolóxicas, que na miña opinión estaban ben definidas pero á hora de ver os resultados da avaliación grupal que fixemos vin que ao meu grupo non lles pareceu que estaban ben definidas.

Estas dúas tarefas forman parte fundamental da elaboración dun proceso de ensinanza - aprendizaxe. Aprendín a buscar diferentes formas de dar coa información que necesito do alumnado para comezar a traballar e a manexar os conceptos básicos do ensino comunicativo dunha lingua estranxeira (o francés).
A compentecia que adquirín en xeral, co conxunto das tarefas foi ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.

jeudi 12 décembre 2013

Tâche 5. Évaluer.

Ma clase

A clase na que están basadas as miñas tarefas consta de 22 alumnos do terceiro curso de Educación Primaria (2º ciclo). A área a traballar é Coñecemento do medio natural, social e cultural, que é a que se imparte en francés.



O obxectivo a acadar é o seguinte:
-Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e coidado persoal que derivan do coñecemento do corpo humano amosando unha actitude de aceptación e de respecto polas diferenzas individuais (idade, sexo, etnia, características físicas, personalidade).

E deste obxectivo sae o seguinte contido a traballar:
-Identificación das partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.

L'évaluation de la production orale

Recordemos que a actividade de produción oral consistía no xogo das adiviñas, no que mediante a explicación de actividades que se poden facer cunha determinada parte do corpo o resto dos compañeiros tiñan que adiviñar de que parte do corpo se trataba.

-Les critères d'évaluation:

  • Coñecer as partes externas do corpo así como o seu funcionamento global.
  • Saber dicir e recoñecer en francés as partes externas do corpo.
  • Expresar en francés as diferentes accións que se poden levar a cabo coas partes do corpo.
  • Levar a cabo unha pequena conversa con compañeiros á hora de dar as pistas.
  • Comprender o vocabulario utilizado para a actividade na escoita.

-Le système d’évaluation:

A avaliación desta actividade se levará a cabo en dúas partes:
Por un lado os propios alumnos poderán avaliar a expresión oral  dos seus compañeiros, á hora de dar as pistas sobre as partes do corpo, mediante un cuestionario que se lles dará antes de comezar a actividade. Este irase cubrindo mentres o compañeiro a avaliar está falando. Para iso pódense facer grupos de avaliación. Haberá tres grupos de catro persoas e dous grupos con cinco persoas (22 alumnos en total).

Este sería o cuestionario que terían que cubrir cada alumno sobre os seus compañeiros de equipo:


Trátanse de cuestións moi simples e tendo a axuda do significado de cada unha delas en castelán.
(O cuestionario o elaborei eu mesma dende Google Drive).

Por outro lado o mestre fará un listado de control  no que anotará os errores cometidos. Estes errores non serán só gramaticais, tamén se terán en conta a fluidez verbal, o comportamento non verbal, etc.

Finalmente poderase facer un balance entre o listado de control e os cuestionarios respondidos polos alumnos.

A avaliación levará o mesmo tempo que a realización da actividade, uns 40 minutos aproximadamente, dependendo do tempo que tarden en adiviñar cada palabra.
Para levala a cabo só se necesitará das fotocopias do cuestionario para repartir e lápiz para cubrilo.

L'évaluation de la production écrite

Esta actividade consistía na realización de frases curtas a partir dun debuxo. Nesas frases tiñan que expresar accións que estaban a realizar os persoaxes do debuxo e decir con que parte do corpo a estaban a realizar.

-Les critères d'évaluation:

  • Coñecer as partes externas do corpo así como o seu funcionamento global.
  • Saber escribir en francés as distintas partes do corpo.
  • Saber expresar por escrito as diferentes accións realizadas por cada parte do corpo.
  • Escribir oracións coherentes e con sentido.
  • Utilizar o vocabulario aprendido na clase.

-Le système d’évaluation:

Para avaliar o nivel de produción escrita que os alumnos adquiriron retomaremos aos seus coñecementos previos (tâche 1). De aí sacamos todo o vocabulario que coñecían antes de comezar con estas actividades. A partires de aí compararemos para ver se houbo ou non unha evolución no alumno.
Utilizaremos a técnica de análise de contido para efectuar a avaliación da tarefa co fin de valorar o nivel de comprensión e execución por parte do alumnado. Recolleremos as follas nas que fixeron a actividade e procederemos a corrixilas.
Polo tanto avaliaremos os criterios de avaliación con notas entre o 1 e o 3. (O 1 é o mínimo e o 3 é o máximo).




(Esta escala tamén a fixen co programa Google Drive).

Esta avaliación levará un tempo aproximado de 30 ou 40 minutos dependendo da cantidade de frases escritas por cada alumno.
Para a súa realización necesitarase do ordenador para cubrir o cuestionario feito.


Rubrique réflexion

a) Para a realización desta actividade, despois de ler as instrucións, revisei a tarefa 4, na que aparecen as actividades que tiña que avaliar. Unha vez feito, pensei nos criterios que ía a ter en conta e pensei de que forma os avaliaría. Finalmente realicei os formularios do Google Drive e expliquei como se realiza a avaliación.

b) Resultoume difícil esta actividade polo feito de que eu elixín unhas tarefas moi sinxelas para traballar cos nenos (tâche 4) e que non son as comúns para levar a cabo unha avaliación. Tardei en pensar as técnicas que podía utilizar ata que por fin ocorréronseme estas.

c) As competencias que adquirín na realización desta tarefa foron:
-Avaliar procesos de ensino e aprendizaxe.
-Ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.
-Comprender distintas formas de avaliación e saber levalas a cabo.
-Coñecer sistemas de avaliación para actividades de produción oral e produción escrita.

d)Esta tarefa é tan fundamental como as anteriores feitas pois en conxunto nos serven para a preparación dunha unidade didáctica. Todas as partes dependen de todas.
Esta actividade en particular resultoume máis fácil que as dúas anteriores pero ao mesmo tempo non me gustou tanto, pois na miña opinión a avaliación e a parte máis dura de toda unha unidade didáctica.
Grazas a esta actividade coñecín diferentes técnicas e procesos de avaliación que servirán para aplicar nun futuro.


jeudi 28 novembre 2013

Tâche 4. Aider à produire

Ma clase

Unha vez máis recordamos que as actividades que vou presentar están orientadas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria (2º ciclo) que teñen a materia de Coñecemento do medio físico, social e cultural en francés.

O obxectivo a acadar nestas actividades é:

-Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e coidado persoal que derivan do coñecemento do corpo humano amosando unha actitude de aceptación e de respecto polas direferenzas individuais (idade, sexo, etnia, características físicas, personalidade).

Deste obxectivo derivan dous contidos a traballar:

- Identificación das partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.
- Valoración dos hábitos de hixiene persoal, de descanso, de alimentación equilibrada e de exercicio físico adecuado para unha vida saudable. Actitude crítica ante prácticas e mensaxes que non favorecen o correcto desenvolvemento persoal.

Destes dous contidos centrareime máis concretamente no primero mencionado.

Production orale

Para esta actividade terán que realizar o xogo que todos coñecemos, as adiviñanzas. 
Como xa na anterior actividade aprenderon as diferentes partes do corpo en francés e moitas das accións que se poden realizar con cada unha delas (tâche 3) agora deben ter a capacidade de expresalas en voz alta.
Para iso repartiremos uns debuxos con cada parte do corpo, así a cada alumno lle toca unha diferente.
Despois terán un tempo para pensar unhas frases que lles podan dar unhas pistas aos compañeiros sobre a parte do corpo da que se trata. Poderán utilizar diferentes accións que se realizan con esa parte do corpo e dar as pistas que se necesiten ata que algún dos compañeiros adiviñe de cal se trata. Todo isto debe ser en francés para ir practicando a expresión  e a comprensión oral e traballar ao mesmo tempo as diferentes partes do corpo. 

Aquí deixo un vídeo sobre a explicación que se daría en clase sobre a actividade que deben realizar:

L'explication de l'activité aux étudiants


Ademáis deixo un vídeo de como realizarían os alumnos a actividade:

La réalisation de l'activité


Des temps de réalisation:
Para realizar esta actividade temos que ter en conta que son 22 alumnos e cada un deles terá que dar pistas sobre unha parte do corpo polo que estimo unha duración de 40 minutos por si algunha palabra se tarda en adiviñar.
Nos primeiros dez minutos da clase se explicará a actividade e se responderá a posibles dudas.

Des ressources nécessaires:
Para esta actividade só se necesitará de 22 cartolinas nas que se pegarán os diferentes debuxos das partes do corpo.

Des sources:
Os vídeos expostos son orixinais meus, feitos os dous co programa GoAnimate.
As imaxes que se ven neles as estraxen de Google. Aquí vos deixo os enlaces a cada unha delas.

Le corps humain
Jambe
Bras
Bouche
Oreille 
A
A

Production écrite

Nesta parte o alumnado aplicará o aprendido sobre como se escribe as partes do corpo e as accións que se fan con cada unha delas. Xa as saben pronunciar e agora falta escribilas.
Para isto se lles dará un debuxo no que aparecen varias persoas realizando diferentes actividades. Algúns deles teñen nome. O alumnado terá que escribir en francés pequenas frases sobre o que están a facer esas persoas nomeadas. As frases deben contar cunha parte do corpo e a actividade que está a realizar. 

O seguinte vídeo mostra a explicación que se lles podería aportar aos alumnos en clase. Con ela practicarían a comprensión escrita, pois todo está escrito en francés.

L'explication de l'activité aux étudiants


Esta é a imaxe que se utilizaría na realización da actividade (por si no vídeo non se visualiza ben).





  • Juan utilise les jambes pour courir.
  • Pedro pour le ballon avec les mains.
  • Marcos s'allonge avec le dos.
  • Julia frappe le ballon avec le pied.
  • Raquel porte la courroie du chien à la main

  • Des temps de réalisation:
    Para esta actividade terán un tempo de 10 minutos para ver o vídeo de explicación as veces que necesiten e preguntar as dúbidas.
    Despois poderán gastar o resto da clase na realización das frases nas que serán axudados se o necesitan.

    Des ressources nécessaires:
    Necesitarase dun proxector para expoñer a explicación escrita, de folios coa imaxe a describir, e por último folios e lápiz ou boli para escribir as frases.

    Des sources:
    O vídeo da explicación é orixinal, feito co programa PowToon e a imaxe é sacada de Google e os nomes os engadín co programa Photoscape.
    Imaxen


    Rubrique réflexion

    a) Esta tarefa foi a que máis tempo me levou comparándoa coas anteriores. 
     Comecei por revisar o feito na anterior tarefa (tâche 3) e a partir de aí pensei nas actividades que se podían facer para a produción escrita e oral. 
    A continuación realicei os vídeos coas explicacións e xa por último redactei a explicación de toda a actividade. 
    Levoume aproximadamente unha semana rematala.

    b) Resultoume difícil pensar as actividades adecuadas para o alumnado do curso elixido, pois as que pensaba parecíanme o moi difícil o moi fácil. O máis complicado, na miña opinión é o feito de ensinar aos alumnos a escribir tanto na propia lingua como nunha lingua estranxeira, neste caso o francés.

    c) Esta actividade axudoume para aprender a deseñar e planificar procesos de ensinanza aprendizaxe así como o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita, en especial o francés como facilitar a práctica en comunicación oral con actividades comunicativas tamén nesa lingua.

    d) Esta tarefa resultoume interesante  polo feito de que complementa a anterior feita. Tanto esta como a tarefa 3 son as máis complicadas, pero son parte fundamental dunha unidade didáctica polo que é importante dominar o deseño e a planificación de actividades.
    A

    lundi 25 novembre 2013

    Éveillons-nous!

    Xa estamos rematando o cuatrimestre e xa levamos feitas varias tarefas nas que traballamos con conceptos iniciais, obxectivos, contidos e con actividades.
    En cada unha delas adquirimos diferentes coñecementos, polo que chegado a este punto penso que pode ser útil facer unha pequena reflexión e recapitulación do aprendido ata agora.
    En distintas entradas realizarei un breve comentario sobre cada unha das tarefas!

    Ata pronto :)