Estas dúas tarefas son as que máis tempo me levaron facer, pero son as que vexo máis necesarias e as que máis me gustaron, polo feito de que te imaxinas aplicando esas actividades nun aula real.
Ao principio resultoume un pouco difícil pensar nunhas actividades que serviran para traballar a comprensión escrita e a oral. Pero cando xa se me ocorreron o demais foi máis fácil, porque como avaliar se comprenderon é máis sinxelo.
Realizando esta actividade vin que o nivel de lingua estranxeira que eu ia esixir segundo a tarefa 2 era demasiado (A2). Penso que para o curso elixido (3º) estaría mellor traballar o nivel A1, e as actividades que realicei están acordes a ese nivel.
Na tarefa 4 as actividades son de produción oral e escrita. Estás aínda me gustaron máis, pois tratei de buscar actividades que motivaran ao alumnado. Na de produción oral fixen unha especie de xogo parecido ás adiviñas, que penso que iso sempre gusta aos nenos e se consigue que falen na lingua que corresponde. E na de produción escrita tiñan que describir accións feitas por outros nenos.
Pensara facer, nun primeiro momento, unha actividade das adiviñas, de maneira que tiñan que adiviñar certas adiviñas e tamén elaborar os seus propios. Pero finalmente pareceume que sería complicado para o curso e o nivel de lingua francesa no que se atopan.
Como xa dixen foron as dúas tarefas que máis me gustaron realizar, e que espero ter a oportunidade de por en marcha algún día nun aula.
Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire