Libellés

mardi 31 décembre 2013

Réflexion: Tâche 1 et tâche 2

A primeira tarefa que realizamos nesta materia consistía en definir unha clase imaxinaria e a partires duns criterios de avaliación facerlles unhas probas nas que puideramos comprobar os seus coñecementos previos nun tema.
Esta primeira tarefa foi a que menos me gustou ao comparalas coas demais pois estaba algo perdida no momento de facela e considero que foi a que peor fixen. Baséome no área de Coñecemento do Medio pero non concretei un tema polo que fixen unha pequena mestura de contidos.
Disto dinme conta ao realizar a segunda tarefa, na que tiñamos que elixir un único obxectivo e dous contidos a traballar coa clase que definíramos anteriormente.
Por outro lado tivemos que indicar o nivel de CECRL. Respecto a isto debo dicir que puxen o A2, pero tiña que haber posto o A1 pois nun primeiro momento pensei que sería moi sinxelo traballar o A1, pero unha vez que reflexionei nas actividades a realizar co segundo ciclo de Educación Primaria dinme de conta de que o nivel máis apropiado sería o A1.
Finalmente nesta tarefa definín as orientacións metodolóxicas, que na miña opinión estaban ben definidas pero á hora de ver os resultados da avaliación grupal que fixemos vin que ao meu grupo non lles pareceu que estaban ben definidas.

Estas dúas tarefas forman parte fundamental da elaboración dun proceso de ensinanza - aprendizaxe. Aprendín a buscar diferentes formas de dar coa información que necesito do alumnado para comezar a traballar e a manexar os conceptos básicos do ensino comunicativo dunha lingua estranxeira (o francés).
A compentecia que adquirín en xeral, co conxunto das tarefas foi ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.

jeudi 12 décembre 2013

Tâche 5. Évaluer.

Ma clase

A clase na que están basadas as miñas tarefas consta de 22 alumnos do terceiro curso de Educación Primaria (2º ciclo). A área a traballar é Coñecemento do medio natural, social e cultural, que é a que se imparte en francés.



O obxectivo a acadar é o seguinte:
-Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e coidado persoal que derivan do coñecemento do corpo humano amosando unha actitude de aceptación e de respecto polas diferenzas individuais (idade, sexo, etnia, características físicas, personalidade).

E deste obxectivo sae o seguinte contido a traballar:
-Identificación das partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.

L'évaluation de la production orale

Recordemos que a actividade de produción oral consistía no xogo das adiviñas, no que mediante a explicación de actividades que se poden facer cunha determinada parte do corpo o resto dos compañeiros tiñan que adiviñar de que parte do corpo se trataba.

-Les critères d'évaluation:

  • Coñecer as partes externas do corpo así como o seu funcionamento global.
  • Saber dicir e recoñecer en francés as partes externas do corpo.
  • Expresar en francés as diferentes accións que se poden levar a cabo coas partes do corpo.
  • Levar a cabo unha pequena conversa con compañeiros á hora de dar as pistas.
  • Comprender o vocabulario utilizado para a actividade na escoita.

-Le système d’évaluation:

A avaliación desta actividade se levará a cabo en dúas partes:
Por un lado os propios alumnos poderán avaliar a expresión oral  dos seus compañeiros, á hora de dar as pistas sobre as partes do corpo, mediante un cuestionario que se lles dará antes de comezar a actividade. Este irase cubrindo mentres o compañeiro a avaliar está falando. Para iso pódense facer grupos de avaliación. Haberá tres grupos de catro persoas e dous grupos con cinco persoas (22 alumnos en total).

Este sería o cuestionario que terían que cubrir cada alumno sobre os seus compañeiros de equipo:


Trátanse de cuestións moi simples e tendo a axuda do significado de cada unha delas en castelán.
(O cuestionario o elaborei eu mesma dende Google Drive).

Por outro lado o mestre fará un listado de control  no que anotará os errores cometidos. Estes errores non serán só gramaticais, tamén se terán en conta a fluidez verbal, o comportamento non verbal, etc.

Finalmente poderase facer un balance entre o listado de control e os cuestionarios respondidos polos alumnos.

A avaliación levará o mesmo tempo que a realización da actividade, uns 40 minutos aproximadamente, dependendo do tempo que tarden en adiviñar cada palabra.
Para levala a cabo só se necesitará das fotocopias do cuestionario para repartir e lápiz para cubrilo.

L'évaluation de la production écrite

Esta actividade consistía na realización de frases curtas a partir dun debuxo. Nesas frases tiñan que expresar accións que estaban a realizar os persoaxes do debuxo e decir con que parte do corpo a estaban a realizar.

-Les critères d'évaluation:

  • Coñecer as partes externas do corpo así como o seu funcionamento global.
  • Saber escribir en francés as distintas partes do corpo.
  • Saber expresar por escrito as diferentes accións realizadas por cada parte do corpo.
  • Escribir oracións coherentes e con sentido.
  • Utilizar o vocabulario aprendido na clase.

-Le système d’évaluation:

Para avaliar o nivel de produción escrita que os alumnos adquiriron retomaremos aos seus coñecementos previos (tâche 1). De aí sacamos todo o vocabulario que coñecían antes de comezar con estas actividades. A partires de aí compararemos para ver se houbo ou non unha evolución no alumno.
Utilizaremos a técnica de análise de contido para efectuar a avaliación da tarefa co fin de valorar o nivel de comprensión e execución por parte do alumnado. Recolleremos as follas nas que fixeron a actividade e procederemos a corrixilas.
Polo tanto avaliaremos os criterios de avaliación con notas entre o 1 e o 3. (O 1 é o mínimo e o 3 é o máximo).




(Esta escala tamén a fixen co programa Google Drive).

Esta avaliación levará un tempo aproximado de 30 ou 40 minutos dependendo da cantidade de frases escritas por cada alumno.
Para a súa realización necesitarase do ordenador para cubrir o cuestionario feito.


Rubrique réflexion

a) Para a realización desta actividade, despois de ler as instrucións, revisei a tarefa 4, na que aparecen as actividades que tiña que avaliar. Unha vez feito, pensei nos criterios que ía a ter en conta e pensei de que forma os avaliaría. Finalmente realicei os formularios do Google Drive e expliquei como se realiza a avaliación.

b) Resultoume difícil esta actividade polo feito de que eu elixín unhas tarefas moi sinxelas para traballar cos nenos (tâche 4) e que non son as comúns para levar a cabo unha avaliación. Tardei en pensar as técnicas que podía utilizar ata que por fin ocorréronseme estas.

c) As competencias que adquirín na realización desta tarefa foron:
-Avaliar procesos de ensino e aprendizaxe.
-Ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.
-Comprender distintas formas de avaliación e saber levalas a cabo.
-Coñecer sistemas de avaliación para actividades de produción oral e produción escrita.

d)Esta tarefa é tan fundamental como as anteriores feitas pois en conxunto nos serven para a preparación dunha unidade didáctica. Todas as partes dependen de todas.
Esta actividade en particular resultoume máis fácil que as dúas anteriores pero ao mesmo tempo non me gustou tanto, pois na miña opinión a avaliación e a parte máis dura de toda unha unidade didáctica.
Grazas a esta actividade coñecín diferentes técnicas e procesos de avaliación que servirán para aplicar nun futuro.