Libellés

mardi 31 décembre 2013

Réflexion: Tâche 1 et tâche 2

A primeira tarefa que realizamos nesta materia consistía en definir unha clase imaxinaria e a partires duns criterios de avaliación facerlles unhas probas nas que puideramos comprobar os seus coñecementos previos nun tema.
Esta primeira tarefa foi a que menos me gustou ao comparalas coas demais pois estaba algo perdida no momento de facela e considero que foi a que peor fixen. Baséome no área de Coñecemento do Medio pero non concretei un tema polo que fixen unha pequena mestura de contidos.
Disto dinme conta ao realizar a segunda tarefa, na que tiñamos que elixir un único obxectivo e dous contidos a traballar coa clase que definíramos anteriormente.
Por outro lado tivemos que indicar o nivel de CECRL. Respecto a isto debo dicir que puxen o A2, pero tiña que haber posto o A1 pois nun primeiro momento pensei que sería moi sinxelo traballar o A1, pero unha vez que reflexionei nas actividades a realizar co segundo ciclo de Educación Primaria dinme de conta de que o nivel máis apropiado sería o A1.
Finalmente nesta tarefa definín as orientacións metodolóxicas, que na miña opinión estaban ben definidas pero á hora de ver os resultados da avaliación grupal que fixemos vin que ao meu grupo non lles pareceu que estaban ben definidas.

Estas dúas tarefas forman parte fundamental da elaboración dun proceso de ensinanza - aprendizaxe. Aprendín a buscar diferentes formas de dar coa información que necesito do alumnado para comezar a traballar e a manexar os conceptos básicos do ensino comunicativo dunha lingua estranxeira (o francés).
A compentecia que adquirín en xeral, co conxunto das tarefas foi ser capaz de preparar e aplicar unha unidade didáctica.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire