Ma clase
As actividades que vou presentar a continuación están dirixidas ao alumnado de 3º de Primaria na área de Coñecemento do medio físico, social e cultural, que é área que se impartirá en lingua francesa.
Dos dous contidos elixidos na anterior tarefa escollín un para traballar a comprensión oral e a comprensión escrita:
- Identificación das partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o funcionamento do corpo humano.
Principalmente as actividades están orientadas a que o alumnado teña un esquema de como é o corpo humano e que saiban vocabulario en francés relacionado con el.
Compréhension orale
Esta actividade ten a finalidade de que os nenos poidan recoñecer as diferentes partes do corpo humano cando as escoitan. Trátase de conceptos moi sinxelos que xa coñecen en castelán e en galego pero non en francés.
Neste vídeo podedes ver os conceptos que se van a traballar e que os nenos aprenderán.
Compréhension orale. Le corps
Despois desta explicación, escoitarase unha canción sobre o corpo humano. Os nenos intentarán entender as palabras que fagan mención a algunha parte do corpo.
Ao rematar a primeira escoita da canción se fará unha posta en común das palabras que entenderon e terán que sinalar a parte do corpo da que pensan que se trata. Tamén cubrirán o seguinte formulario para comprobar efectivamente que entenderon a canción:
A continuación poderán ver o seguinte vídeo no que aparece escrita a canción e aparecen imaxes, así poderán verificar as súas respostas:
-Source:
Para esta actividade utilicei o GoAnimate para crear o vídeo no que explican os conceptos. E para a elaboración do formulario escollín o Google Drive.
Despois a canción é do autor Alain Le Lait e a canción ven no CD Parapluie. O vídeo desta canción foi extraído de Youtube.
Compréhension écrite
Nesta parte, trátase de que os nenos coñezan como se escriben as palabras xa aprendidas na parte de comprensión oral. Tamén aprenderán as diferentes accións que se poden facer con esas partes do corpo.
Para iso, terán unhas imaxes nas que aparecen nenos realizando diferentes actividades. Debaixo delas hai unha breve descrición do que fan para que o alumnado saiba como se din esas accións en francés.
![]() |
Je lis un livre
|
![]() |
| Je marche par le champ |
![]() |
| j'écris avec mon crayon |
![]() |
| Je frappe la balle |
|
| Je porte mon sac au collège |
![]() |
| Il me plaît de sentir les fleurs et d'écouter une musique |
Unha vez vistas as imaxes comprobaremos a comprensión dos nenos coas seguintes frases nas que terán que encher os ocos baleiros coas partes do corpo correspondentes:
-Source:
Para esta actividade utilicei o programa Hot Potatoes no que elaborei a actividade para encher os ocos.
E por último, as imaxes expostas en primeiro lugar as escollín de Google.
Temps e ressources
Para elaborar estas actividades empregaremos dúas clases de 50 minutos cada unha da área de Coñecemento do medio. Na primeira clase realizarase a explicación e se levará a cabo a actividade de comprensión oral. Para a actividade utilizaremos a aula de informática do colexio facendo uso dos ordenadores, da PDI e do proxector.
Na segunda clase se lles entregará unhas fichas cos debuxos correspontes e despois a través do ordenador poderán realizar o exercicio para comprobar a súa comprensión.
Rubrique réflexion
a) Para a elaboración desta tarefa organiceime de tal forma que comecei por escoller un dos contidos que elixira na tarefa anterior. Unha vez escollido pensei na actividade de comprensión oral e a raíz de esa xa se me ocorreu outra actividade para traballar a comprensión escrita. Primeiro elaborei todas as actividades cos programas e despois os engadín a Blogger coa correspondente explicación.
b) Esta actividade pareceume máis complicada se a comparamos coas anteriores feitas. Pero tamén é certo que parecía máis dificultosa antes de poñerme a facela. Agora que xa está rematada penso que non foi tan complicada, simplemente levou máis tempo pola elaboración das actividades.
c) Desta tarefa aprendín a deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza - aprendizaxe, así como a preparar e aplicar unha unidade didáctica.
Por outro lado aprendín a utilizar a ferramenta GoAnimate, a cal me gustou para elaborar vídeos curtos e tamén utilicei por primeira vez a opción de facer unha ficha no HotPotatoes, pois anteriormente só fixera un encrucillado nel.
d) Esta actividade paréceme que é moi completa, pois foi da que máis aprendín e a que máis tempo lle dediquei. Gustoume o feito de elaborar as miñas propias actividades aínda que me levara o meu tempo.
Penso que vai a ser moi útil para un futuro como docente.


.jpg)

.jpg)

Aucun commentaire:
Enregistrer un commentaire